Programa de Mantemento Terémanter

 

 

O Consorcio de Santiago convoca regularmente axudas destinadas a obras de mantemento en edificios do centro histórico. Convocatorias en 2006, 2009, 2012, 2013, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024.

 

Que se subvenciona?

 

OBRAS DE INTERVENCIÓN SOBRE OS ELEMENTOS ESPECIAIS DE MADEIRA E REIXAS:

 

-Obras de restauración ou reposición dos elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira (tales como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios). Tamén se subvencionará a realización das obras complementarias de reparación ou reposición doutros elementos afectados, necesarias para a restauración ou reposición do elemento especial de madeira.

 

-Obras de restauración de reixas, fixas ou practicables, de furas, de fundición e forxa tradicionais, afrancesadas ou simples, e de pletinas e redondos ou cadradillos de ferro existentes en portais, ventás e balcóns, pequenos ou con brocais. Tamén se subvencionará a realización das obras complementarias necesarias para a restauración destas reixas como a reparación das pedras soporte deterioradas en paramentos verticais, xambas, alféizares, corpos voados e dos arraigamentos aos muros por medio de enchumbados.

 

-Os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de medios auxiliares (estadas, plataforma elevadora…).

 

 

OBRAS DE MANTEMENTO DA ENVOLVENTE EXTERIOR:

 

-Obras de mantemento de elementos da envolvente exterior, tales como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas.

 

-Obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas co mantemento da envolvente exterior, que inclúan obras de mellora das solucións construtivas da envolvente exterior compatibles co valor patrimonial dos edificios da cidade histórica (tales como illamento da cuberta, illamento de fachadas exteriores e/ou patios interiores). No caso de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio subvencionarase tamén o custo desta substitución.

 

-As obras de mellora do illamento acústico dos inmobles.

 

-As actuacións de consolidación, reposición e mellora das estruturas tradicionais de madeira, incentivando a introdución de novos produtos e derivados da madeira innovadores.

 

 

HONORARIOS:

 

-Subvencionaranse os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.


-Os honorarios profesionais de elaboración do informe de avaliación do edificio -IEE- de uso de vivenda.

 

-Os honorarios profesionais de redacción do Plan de Mantemento do edificio de uso vivenda.

 


Beneficiarios

Propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre o inmoble, así como as comunidades de propietarios.

 

Requisitos do inmoble

Estar dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

Uso principal vivenda.

Antigüidade superior a 10 anos.

Condicións suficientes de seguridade estrutural e estanqueidade fronte á choiva.

 

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O PROGRAMA “TERÉMANTER 2024”, dirixido á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao mantemento da envolvente exterior dos inmobles da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, publicada no BOE nº 11 do 12 de xaneiro de 2024.

 

 

O prazo para solicitalas é ata o lunes 12 de febreiro de 2024 no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59. Tel. 981 57 47 00), no Rexistro Electrónico ou por calquera dos medios admitidos na Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, facendo chegar por fax ao Consorcio (981 57 47 50) ou por correo electrónico (gerencia@consorciodesantiago.org) o resgardo da solicitude o mesmo día da presentación.