Igrexa da Peregrina
Proxecto: reparación da torre do campanario, pola que entraba a auga da chuvia
Intervención: limpeza da fachada do campanario e do seu contorno. Actuouse no tellado e na fachada exterior do campanario, ao tempo que se melloraron as campás.
Convento de Santa Clara
Proxecto: mellora das revocaduras e cubertas e intervención no xardín e no patio para eliminar as humidades da igrexa do convento
Intervención: Aplicación de novas revocaduras exteriores e pintado dos muros. Revisión do tellado e colocación de novos canlóns e baixantes. Remodelación do recheo do xardín e trazado dunha rede de recollida da auga da chuvia. Recondución das pluviais no patio interior. Modificación das ventás da nave para aumentar a ventilación.
Mosteiro de San Domingos de Bonaval
Proxecto: eliminación de humidades na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
Intervención: recebado dos muros que conforman o buque da escaleira tanto polo interior como pola parte externa.
Teatro Principal
Proxecto: renovación do escenario e melloras no edificio
Intervención: tarefas de acondicionamento e renovación do sistema escénico: revisión da cuncha acústica, substitución da cámara negra do escenario, instalación dun mecanismo para facilitar o uso da lámpada central e aplicación dun revestimento na estrutura metálica que forma a cuberta do escenario. Substitución dos canlóns situados sobre os muros medianeiros do edificio. Reparación da estrutura do baixocuberta e reposición de tellas no tellado. Renovación do corpo de vestiarios, pintado da fachada traseira do teatro, actualización das instalacións eléctricas e de iluminación das pasarelas e da caixa escénica, e instalación dun moble de información e almacenamento no vestíbulo.