Estatutos

A revitalización e a actualización do Real Padroado da Cidade de Santiago de Compostela, supuxo un paso decisivo na creación dun marco de encontro e coordinación das Administracións Públicas, materializado no Consorcio de Santiago.

 

O 28 de abril de 1992 na sesión constitutiva do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela apróbanse os seus Estatutos, os cales son modificados polos Consellos de Administración de data 11 de maio de 1998 e 7 de setembro de 1998, e ratificados polas tres Administracións constitutivas do mesmo. Ditas modificacións introducían como novidades máis relevantes a creación da Comisión Executiva como órgano de goberno e administración do Consorcio, que asume funcións de apoio ao Consello de Administración, o reforzamento da figura do Xerente e a inclusión de funcións de Intervención e Fiscalización internas que serán exercidas polo Interventor do Consorcio.

 

O 22 de decembro de 2014 apróbase unha nova modificación estatutaria que adscribe o Consorcio de Santiago á Administración Xeral do Estado, quedando este sometido á súa normativa. Finalmente, o 26 de novembro de 2018 realízase unha última modificación para definir a competencia do organismo en materia de subvencións.

Documentos relacionados: