Oferta de emprego de Contrabaixo Tutti para a Real Filharmonía de Galicia

mércores, 3 Agosto, 2022

A Real Filharmonía de Galicia convoca a selección dunha praza de Contrabaixo Tutti mediante un contrato laboral de substitución temporal. 

 

A oferta publicouse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, número 146, do 3 de agosto de 2022. A través do apartado de emprego da nosa web poden consultarse as bases da convocatoria así coma o anexo de solicitude de participación na convocatoria.