O Consello de Administración do Consorcio de Santiago dá a benvida aos seus novos membros

xoves, 20 Xullo, 2023

O Consorcio de Santiago celebrou o seu Consello de Administración e Comisión Executiva este xoves na Sede do Consorcio. O Consello aprobou diversos asuntos de trámite e deu a benvida aos seus novos membros. Ambas as reunións estiveron presididas por Goretti Sanmartín, alcaldesa da cidade e estreábanse os concelleiros do Concello de Santiago, Borja Verea e Gonzalo Muíños. Tamén acudiron os vicepresidentes do Consorcio: Pilar Paneque, subsecretaria do Ministerio de Facenda e Función Pública e Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia.