Cemiterio de la Orden Tercera
Proxecto: Rehabilitación, acondicionamento e limpeza do espazo
Intervención: Grazas á intervención realizada no Cemiterio da Orde Terceira, o conxunto está aberto á cidadanía. Este lugar alberga os soterramentos de varias e coñecidas familias compostelás. Os traballos de rehabilitación consistiron no acondicionamento e limpeza do espazo, dotándoo así de accesibilidade, ademáis da restauración da reixa de acceso e a demolición dos tabiques laterais de ladrillo e a restauración da carpintería de acceso á sacristía.
Pazo de Raxoi
Proxecto: Finalización das obras de substitución da cuberta do Pazo de Raxoi
Intervención: En xullo rematáronse as obras de substitución da cuberta do Pazo de Raxoi, tras unha intervención que modificou a instalación de pluviais grazas a un sistema sifónico que permite mellorar a evacuación da choiva. Esta mellora permitiu tamén a aplicación e mellora dos faldóns da cuberta para facer así máis accesible e eficiente o seu correcto mantemento. Ademáis, inclúese un illante térmico para mellorar a eficiencia enerxética.
Piscinas Multiusos Fontes de Sar
Proxecto: Instalación nova cuberta retráctil
Intervención: As piscinas exteriores do complexo deportivo do Multiusos Fontes do Sar xa disfrutan da nova cuberta telescópica desde o mes de xuño. Coa instalación desta cuberta retráctil, formada por unha estrutura de aluminio, divida en doce módulos e unha cuberta de policarbonato especial que evita condensacións, dótase ao Multiusos dunha cuberta que mellora a súa eficiencia enerxética e salubridade. Esta intervención mellora a adaptación das piscinas á climatoloxía.
Conxunto de San Domingos de Bonaval
Proxecto: Realización da pasarela de unión entre a ala sur e o corpo principal do Conxunto de San Domingos de Bonaval
Intervención: Aprobouse a realización dunha pasarela no conxunto monástico, co obxectivo de recuperar a funcionalidade e mellora da comunicación entre o Claustro e a á sur. Esta intervención mellorou a regulación das condicións climáticas e ambientais en relación ao convento.
Pazo de Raxoi
Proxecto: Mellora da eficiencia enerxética da fachada principal do Pazo de Raxoi
Intervención: En abril do 2022 aprobáronse as obras de mellora da eficiencia enerxética da fachada do Pazo de Raxoi que da á praza do Obradoiro. Nesta obra contémplase a rehabilitación do edificio tras as obras de substitución da cuberta, patio interior e outras fachadas.