Actuacións de 2016

Programa de mantemento de lousados "A pedra que pisas"


O Consorcio de Santiago destinou un total de 42.611,93 euros nos primeiros meses do ao servizo de reparación, mantemento e conservación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica. Entre febreiro e maio actuouse en 18 rúas e prazas, cun total de 88 intervencións.

 

Diferentes equipos de traballo, integrados por canteiros especializados na conservación de pavimentos históricos, reparan e manteñen ao longo do ano as rúas e prazas do casco histórico, baixo a planificación da Oficina Técnica do Consorcio. Nestes últimos meses interveuse no lousado das rúas Casas Reais, Porta Faxeira, Algalia de Arriba, A Conga, Porta da Pena, Orfas, Bautizados, Santa Cristina, O Franco, Preguntoiro, Rúa Nova, Rúa Travesa e Rúa do Toural. Así mesmo, actuouse no pavimento das prazas de Cervantes, Praterías, San Miguel, Toural e no Obradoiro.

 

No segundo semestre do ano dedicáronse 66.685,52 euros a este servizo.Os cidadáns poden enviar ao Consorcio fotografías ou comunicacións por escrito respecto á deterioración do empedrado ao enderezo apedraquepisas@consorciodesantiago.org. Os técnicos do Consorcio valoran cada caso en particular e a empresa de mantemento encárgase de subsanar o desperfecto.