Rehabilitación de Locais

O Consorcio de Santiago convoca axudas destinadas á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago de Compostela, co fin de mellorar a súa accesibilidade, eficiencia enerxética, imaxe exterior ou acondicionamento interior, xunto a obras de acondicionamento acústico.

 

Que se subvenciona?

 -Obras de mellora da accesibilidade: accesos e itinerarios, mobiliario de atención ao público, aseos adaptados e outras instalacións e accesibilidade sensorial.

 -Obras de redución do consumo enerxético: mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, electricidade e acondicionamento de aire.

 -Obras de mellora da imaxe externa: rótulos, carteis publicitarios, carpintarías de ocos exteriores, escaparates, peches de madeira ou metálicos de protección de escaparates e accesos ao local, acabados de fachada, reforma de ocos de fachada e vestíbulos de acceso.

 -Obras de mellora do interior: pavimentos, carpintarías e acabados e outras instalacións.

 -Obras de acondicionamento acústico.

 -Honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da obra.

 

Beneficiarios

Propietarios, arrendatarios ou titulares dalgún dereito de uso sobre o local.

 

 Requisitos dos locais

 -Estar dentro do ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

 -Edificio con antigüidade superior a 20 anos.

 -Condicións suficientes de seguridade estrutural e estanquidade fronte á choiva.

 -Localizarse en planta baixa, semisoto ou primeiro soto e contar con fachada á vía pública.

 -Destinarse a algún dos usos regulados na Normativa Urbanística do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica: comercial, oficinas, actividades industriais e talleres de artesanía, docente, sanitario, asistencial, sociocultural e deportivo.

 

Contía da subvención

40% do orzamento máximo subvencionable

 

Documentación técnica

O Consorcio de Santiago ofrece aos solicitantes a redacción da documentación técnica no caso de obras de pequena entidade.

 

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O PROGRAMA ”LOCALÍZATE 2020”, dirixido á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago de Compostela, publicada no BOE nº 133 do 12 de maio de 2020.

 

O prazo para solicitalas é ata o venres 12 de xuño de 2020, ás 14.00 horas no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59. Tel. 981 57 47 00) ou por calquera dos medios admitidos na Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, facendo chegar ao Consorcio por fax (981 57 47 50) ou por correo electrónico (gerencia@consorciodesantiago.org) o mesmo día da presentación o resgardo da solicitude.

 

As dúbidas relativas a esta convocatoria atenderanse prioritariamente por teléfono (981 57 47 00). En caso de querer realizar unha consulta presencial, deberá ser con cita previa.

 

  

                             

 

 

CONVOCATORIA 2020


Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones