A sexta edición do Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación (CEGOR), organizado pola Fundación Laboral da Construción de Galicia en colaboración co Consorcio de Santiago, finalizou coa lección maxistral sobre estruturas de madeira por parte de Manuel Guaita Fernández, director da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE). Os alumnos terán ata o 1 de decembro para entregar os seus traballos finais.
No CEGOR 2024 participaron 17 profesionais de toda Galicia, todos eles persoal técnico ou xefes de obras de rehabilitación. Entre eles atópanse arquitectos e arquitectas, arquitectos técnicos, restauradores e responsables de empresas construtoras.
Especialización única
Este ciclo formativo, creado no ano 2019, impartiuse os venres e sábados entre os meses de abril e novembro no Centro de Formación de Santiago en Pontepedriña de Arriba e representa unha especialización única en Galicia, e mesmo no estado Español, nun dos campos máis en auxe hoxe en día na construción: a rehabilitación. Xa son máis de 100 os técnicos galegos que realizaron o Curso nas 6 edicións celebradas. Destaca o grao de satisfacción dos profesionais que cursaron o CEGOR, que puntúan con sobresaliente tanto os contidos como o profesorado. Baixo a coordinación do arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Ángel Panero, o CEGOR aporta unha visión integral da xestión dunha obra de rehabilitación, tanto se se trata dunha intervención sobre un edificio monumental coma se prodúcese sobre construcións máis recentes.
Durante os oito meses de duración, o alumnado recibiu tamén clases de ata 40 persoas expertas recoñecidas do sector a través de formacións teóricas e obradoiros prácticos sobre as técnicas e oficios de rehabilitación como o estucado, a cantería, a forxa ou a madeira, incluíndo tamén leccións sobre xestión administrativa e económica das obras de rehabilitación. Ademais realizáronse visitas a empresas para coñecer distintos materiais construtivos.
Así, impartiuse, entre outros, un taller de forxa de man do mestre ferreiro Santiago Martínez Otero, onde os alumnos aprenderon como son os diferentes materiais cos que se traballa na forxa, así como as técnicas ou segredos para atopar unha mellor calidade e durabilidade dos traballos. Tamén fíxose un taller práctico de morteiros a base de cal hidráulica e aérea por parte do mestre artesán Martín García, un taller de carpintería dirigido por Frank Buschmann, un de revocos e enfoscados á cal levado a cabo polo mestre Alejandro Ciudad do grupo de estucadores Luis Prieto, ou un sobre cubertas de zinc, cobre e chumbo a cargo de Manuel Álvarez Sández, técnico e director da empresa Cumalsa.
Entre as visitas a empresas das que se dispuxeron destacaron a visita a Planta de Reciclaxe do GRUPO GESTAN en Arteixo, a Maderas Besteiro, á cantera e serradoiro de granito de Sograni en Porto do Son, ou a centros de investigación como o laboratorio PEMADE da Universidade de Santiago e ao edificio Impulso Verde de Lugo. Outras compañías que participaron foron Tejas VEREA, Kerakoll, Schlüter o pinturas Keim al silicato.